MATALOBOS : TEMPORADA 4 - CAPITULO 74
Cando tan só falta un capítulo para que “Matalobos” peche a súa tempada, a serie sorpréndenos hoxe cunha entrega especial, titulada “Réquiem”, ao xeito de homenaxe para todos aqueles que morreron na Sardiñeira, desde que esta vila de ficción acadou a fama pola loita contra os clans do narcotráfico. “Unha vez alguén dixo: todo o que tocas morre”, así recorda Carmelo Matalobos as premonitorias palabras que un día lle dixo, chea de rabia, a súa daquela muller, Bárbara, e parece que non lle faltaba razón.O capítulo especial de hoxe é un aperitivo de cara ao último capítulo da tempada, que se emitirá o 3 de abril, convertido nunha homenaxe á serie e aos seus protagonistas que desde abril do ano 2009 desfilaron polas rúas da Sardiñeira. En “Réquiem” os creadores da serie ofrécennos unha lembranza de todos os personaxes que fixeron coas súas liortas e vinganzas as tramas dunha das series máis seguidas da TVG. Así, veremos máis polo miúdo quen eran, cal foi o seu papel nas tramas e como e por que lles chegou o final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario