A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

EN QUEN CONFIAR ?

MATALOBOS : TEMPORADA 3 - CAPITULO 56
Unha vez máis, todos os clans da Sardiñeira se preguntan en quen poder confiar, cando se produce a detención dun implicado nun asunto turbio da fundación que actúa de tapadeira de Adriana Calderón, alguén que podería chegar a "cantar" ante a Garda Civil. A partir de aquí o capitán da comandancia vai poñer en marcha a "operación Sardiñeira", que sen embargo pode verse malograda pola exclusiva que o noivo da sarxento Seixas publica no xornal, e agora todos se preguntan se foi ela quen lle filtrou a información confidencial. De todos os xeitos, as horas están contadas para Adriana, que se ve acurralada polo seu clan colombiano e non ten outra que pedir refuxio a Carmelo.


Outros que non confían nin na familia son os Matalobos, que dan a benvida á irmá de Claudia e a Lois, o home, a quen Carmelo non tardará en ofrecer un medio de vida traballando para el actuando como "mula" no próximo envío de droga. Pola súa parte, no clan dos Veloso, Mateo intenta custe o que custe controlar a Vanesa, decidida a coidar a Diego durante o tempo que lle quede de vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario