A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

OS SACRIFICADOS

MATALOBOS : TEMPORADA 3 - CAPITULO 57
Toda a vila da Sardiñeira está en alerta ante o que poder ser unha nova loita de poder, xa que, despois de que Adriana Calderón se entregase á Garda Civil, a colombiana é consciente de que a súa vida na rúa non vale nada e de que o cártel lle puxo prezo á súa cabeza. Sabedores da nova situación, o capitán Táboas e a xuíza Olaia centran o seu interrogatorio nas preguntas claves para o desmantelamento de todos os clans, a cambio de que a xefa colombiana reciba protección para ela e para aquelas persoas que lle importan.


Pero non soamente Adriana está en alerta, xa que como consecuencia da súa detención os Matalobos e os Veloso se enfrontarán outra vez polo poder e o primeiro en mover ficha é Carmelo para asegurarse ser o único contacto dos colombianos na Sardiñeira. Namentres, nos posto da Garda Civil, a sarxento Seixas ve perigar o seu ascenso a tenente debido á filtración á prensa dunha operación, en que podería estar implicado o seu noivo xornalista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario