MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 47
Na Sardiñeira, o atentado contra Diego Dourado colle por sorpresa a Garda Civil, xa que despois de que a súa declaración permitise a absolución de Carmelo, as contas do sicario co seu antigo xefe parecían saldadas. A liberación sorprendente de Carmelo vai facer que os medios de comunicación sinalen a xuíza Olaia Mosteiro como a responsable da absolución do narcotraficante máis importante da zona. Pero Marcos, o pequeno dos Matalobos, non está disposto a renderse e a súa disposición a abrir liñas novas de investigación lévano a seguir un dos segredos mellor gardados da familia: o pai, Álvaro Matalobos, era un confidente da fiscalía.
Namentres, liberado de todos os cargos que pesaban contra el, Carmelo volve á casa para agardar xunto a Bárbara o nacemento de seu fillo e, aínda que prometeu manterse á marxe dos vellos negocios, non pode deixalo sen antes liquidar algúns asuntos pendentes. Amais, a volta á Sardiñeira de Adriana Calderón ameaza con abrir feridas vellas e outras novas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario