A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

RETRIBUCION

MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 7

Neste sétimo capítulo de “Matalobos”, tras o intento falido de sacar a Arturo Campos do cárcere, o cerco da Garda Civil péchase aínda máis sobre o clan dos Matalobos. Carmelo está a perder poder fronte aos colombianos. O resultado da operación Canario foi un erro imperdoable.

Carmelo Matalobos tiña a solución aos seus problemas entre mans, pero escapóuselle. Agora a situación complicouse e Adriana ten cada vez máis poder na Sardiñeira. No capítulo de hoxe o negocio do narcotráfico que se está a desenvolver na Sardiñeira mestúrase co da prostitución: Carmelo, o xefe do clan, recibe a visita de Luís, un home con varias prostitutas a cargo, unha das cales ten como cliente habitual a un dos sicarios de Adriana. Sen embargo, Carmelo está decidido a recuperar o control sobre o negocio. Unha acertada intervención de Sara dará aos Matalobos a oportunidade: un golpe certeiro ao sistema de financiamento dos colombianos. Por outra parte, os negocios dos Matalobos seguen a salpicar a outros veciños da Sardiñeira. Agora Vanesa, a filla de Pepe Viaño, vai entrar no negocio do narcotráfico: Salva explicaralle como ten que facer para vender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario