A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

O CANARIO

MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 6

Nesta nova entrega de "Matalobos" dúas cousas parecen quitarlle o sono a Carmelo Matalobos: a investigación sobre o asasinato de Veloso e o encarceramento do seu avogado, Arturo Campos. Un golpe de sorte é o que necesita o xefe dos Matalobos para acabar coas súas preocupacións.

Carmelo Matalobos sabe que o seu avogado non resistirá moito tempo dentro do cárcere. Podería pasar que a xuíza o intentara convencer cun pacto substancioso ou que alguén o quitase de diante. Ningunha das dúas opcións lle valen ao narcotraficante; os Matalobos non admiten traizóns, pero tampouco abandonan a súa xente
Por outra parte, as sospeitas sobre a autoría do asasinato de Sindo Veloso parecen encamiñarse cara ao clan dos Matalobos. Carmelo sábeo e é consciente de que a investigación á que o está a someter a Garda Civil non axuda ao bo desenvolvemento dos seus negocios. O narcotraficante necesita urxentemente unha cabeza de turco á que lle cargar o asasinato. O plan non é desatinado; na Sardiñeira hai moita xente que lle debe favores a Carmelo Matalobos...
Sara, a filla de Arturo Campos está a descoidar o seu traballo na Universidade para ocuparse dos asuntos dos Matalobos. O "pendrive" oculto no marco de fotos do despacho de seu pai tena intrigada, pero non sabe como acceder á información que contén. A avogada vive obsesionada con sacar a seu pai do cárcere.

No hay comentarios:

Publicar un comentario