MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 8
As cousas pintan cada vez peor para o principal clan de narcotraficantes da Sardiñeira, os Matalobos. Á presión continua dos colombianos, que non lle perdoan a Carmelo os erros que cometeu e que desembocaron na incautación da droga por parte da policía, engádese agora unha nova preocupación: Pincho informa o xefe dos Matalobos de que na radio acaban de dar conta dunha nova operación contra o narcotráfico na zona.
Co resto dos clans virándolle as costas, Carmelo non ten outra opción que buscar o sempre inestimable apoio de súa nai, a matriarca dos Matalobos: Dona Carme aconséllalle que se centre en unir os clans da Sardiñeira e en sacar o avogado Arturo Campos do cárcere. Para cumprir a segunda das premisas verase obrigado a contar coa axuda de Sara, que agora exerce a defensa de seu pai, e a quen lle acaban de retirar a bolsa da universidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario