A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

PECADOS

MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 3

Arturo Campos converteuse na peza máis cobizada de Sardiñeira. Dunha parte, Marcos e a xuíz Mosteiro ven no avogado a chave coa que desartellar o clan dos Matalobos. Pola outra, Carmelo ten que asegurarse de que o home que máis sabe dos seus negocios non o traizoe. E no medio de todo, Sara, unha filla que non é quen de entender os pecados do seu pai. Marcos, xefe da operación policial antidroga posta en marcha pola xuíz Olaia Mosteiro, está seguro de que Campos non vai traizoar aos Matalobos. Mentres, seu irmán Carmelo, logo da detención de Campos, reúnese cos outros xefes para calmalos e convencelos para adoptar unha postura conxunta fronte aos narcotraficantes colombianos.

Carmelo, que está moi nervioso e inquedo coa detención do avogado, recriminará a Dona Carme que defenda a Marcos logo de regresar para apuñalos polas costas: está claro que para a matriarca a familia é o primeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario