MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 2
Atopar un sitio no que ocultar a droga da descarga estalle traendo máis problemas dos que esperaba ao avogado dos Matalobos. Arturo Campos leva toda a vida traballando para a familia, sempre intentando non ensuciarse. Pero, os métodos de Carmelo non son os do seu pai e, talvez chegou o momento de que se involucre máis do que lle gustaría. A chegada de Marcos provoca unha sensación de incomodidade no cuartel que o tenente Táboas intenta atallar falando ás claras: Marcos pode ser un Matalobos, pero por riba diso é un deles. Doutro lado, no bautizo do neto de Campos, Adriana faise ver para coaccionar a Carmelo, que segue a agardar pola súa droga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario