MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 24
Que foi de Arturo Campos e do diñeiro? Ninguén na Sardiñeira sospeita que Diego Dourado asasinou o avogado. Carmelo Matalobos e Adriana Calderón son inimigos mortais, pero ambos os dous atópanse, sen sabelo, subidos no mesmo barco. Os dous buscan o traidor nunha historia nada clara; e de quen resolva o misterio antes dependerá a vida de Iván, o benxamín do clan máis famoso da Sardiñeira. Ninguén se fía de ninguén estes días na cidade máis perigosa da TVG, nesta nova entrega da segunda temporada de "Matalobos".
Pepe Viaño, unha das fichas clave nesta historia, segue hospitalizado e a súa vida corre perigo. A Garda Civil observa ao seu redor, á espera de calquera pista sobre o acontecido. Mentres tanto, a situación de Iván é cada vez máis precaria. Golpeado e sen apenas moral, o mozo atópase á mercé dos seus raptores. O seu futuro é cada vez máis incerto e esgótase a conta atrás iniciada por Adriana Calderón.
Ademais, o clan dos Matalobos empeza a cambalearse: Bárbara confía máis na Garda Civil que en seu home para recuperar a seu fillo; e Claudia empeza a sentir máis simpatía polas que ela considera vítimas de seu irmán, que polo seu propio sangue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario