MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 40
O pazo dos Matalobos é unha polvoreira a piques de estalar, xa que namentres a matriarca dona Carme insiste en manter as confesións indiscretas con don Gabriel, o párroco confesor, lonxe dos oídos do fillo Carmelo, Claudia desafiará a autoridade familiar ao empeñarse en seguir avanzando na súa relación con Lois. Para Marcos Matalobos tamén aparecerán no interior do cuartel desafíos novos, xa que a cabo Seijas non está disposta a acatar a súa orde directa para apartarse de todos os asuntos relacionados co narcotráfico e volverá poñer a garda civil sobre os pasos do clan Matalobos para desmantelar as descargas de haxix na Sardiñeira. Para a xuíza Mosteiro esta é unha acción prioritaria e non está disposta a desaproveitar a oportunidade tan só porque Marcos sospeite que Seijas poida estar sendo manipulada polos seus confidentes.
Pero a peor parte desta historia levaraa a familia Viaño, xa que Pepe e Lola enviaron a filla a Ourense para intentar apartala do mundo da droga, sen imaxinar que Vanesa ten os seus propios plans.
No hay comentarios:
Publicar un comentario