MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 39
Non todo o que ocorre na Sardiñeira é o que parece, para empezar por Carmelo e o seu divorcio, que está a alongar máis do agardado e ante isto a primeira sorprendida polo cambio de estratexia do seu defendido é Sara: o que ata ese momento eran trabas constantes e asuntos innegociables, de súpeto convértese en concesións e mostras de cariño cara a Bárbara, a dona. Pero onde tamén andan con suspicacias é no cuartel da garda civil, pois a probada efectividade de Eva Seijas, que acumula unha cantidade sospeitosa de incautacións de cocaína, fai desconfiar o capitán Matalobos, que fará todo o posible para forzar a Seijas a revelar a identidade do seu confidente. Amais, como a culpa e a fe adoitan ir ligadas e pesa máis a conciencia dos que queren salvarse, dona Carme desexa facelo e acudirá a don Gabriel, o seu párroco, para purgar a súa alma e limpar os pecados, aínda que hai crimes que nin os confesores están dispostos a perdoar.
Noutras escenas da Sardiñeira, Vanesa, a filla dos Viaño, segue a camiñar cara ao abismo, ou, o que é o mesmo, cara aos Matalobos, a pesar dos esforzos dos pais para axudala a superar as súas adicións, levándoa ao Proxecto Home.
No hay comentarios:
Publicar un comentario