A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

SO NEGOCIOS

MATALOBOS : TEMPORADA 3 - CAPITULO 59
A vila da Sardiñeira está máis convulsionada ca nunca, pois os distintos clans teñen que verse as caras co novo home dos colombianos, de fama sanguinaria, que está a impoñer unha nova orde. Namentres, a fiscal Olaia Mosteiro debátese entre a vida e a morte, xa que, por ironías do destino, salvou a vida de Adriana Calderón ao recibir o impacto da bala destinada á narcotraficante. Precisamente o erro de “El ruso” na súa misión de acabar con Adriana traerá graves consecuencias para as dúas grandes familias da Sardiñeira, xa que o xefe colombiano ten agora nas súas mans o poder de manexar a situación e poñer en marcha un plan infalible: secuestrar familiares e xente de confianza dos Matalobos e dos Veloso.

Namentres, en ausencia da fiscal, a tenente Seixas faise cargo do interrogatorio a Adriana Calderón, que lle confesará algúns datos clave, pois sabe que só a Garda Civil pode protexela dos seus asasinos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario