A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

NADA QUE PERDER

MATALOBOS : TEMPORADA 3 - CAPITULO 60
Será certo que ninguén ten “Nada que perder” no universo “Matalobos”? Con este título preséntase esta noite unha nova aventura na vila da Sardiñeira, en que a situación das secuestradas polos colombianos, Lola e a infiltrada Irene, é cada vez máis dramática, xa que aínda que Pepe Viaño investiga pola súa conta o lugar do zulo, coa axuda de Carmelo, os raptores non tardarán en decatarse dos seus plans e abortarán a liberación. A situación é mala para todos os clans, sometidos a unha mesma misión, que pasa por eliminar a Adriana Calderón; así, Mateo Veloso tampouco o ten doado para saír deste túnel porque se decata de que para acometer tal misión necesita dun home sen nada que perder e ese home é Diego Dourado.


As frontes multiplícanse na Sardiñeira converténdose nunha bomba de reloxería a piques de estalar; amais, no posto da Garda Civil segue a actividade frenética coa busca de Beltrán, o sanguinario xefe colombiano, para conseguir desactivar o secuestro antes de que cheguen os homes de Carmelo Matalobos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario