A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

O CUARTO PODER

MATALOBOS : TEMPORADA 5 - CAPITULO 79
Os acontecementos van cambiando para algúns. Garrido é acusado de violación. A súa carreira política e con ela, a súa vida, corre perigo. A nova publicada por Vargas ten a Garrido acurralado, pero o candidato á alcaldía encontra en Vanesa unha aliada inesperada. A moza está disposta a recuperar posicións e non permitirá que ninguén a afaste dos seus obxectivos. Fai xa moito tempo, que Vanesa perdeu os escrúpulos.

Por iso, cando Carmelo lle pida dar un paso máis a cambio de recuperar parte do que moza máis desexa, Vanesa só debe decidir ata onde é capaz de chegar por un pouco de poder. A intervención de Vanesa provocará un dramático xiro dos acontecementos e deixará tras de si a máis vítimas das esperadas. Inocentes e culpables quedan desdebuxados grazas a un plan que sitúa a Garrido nunha posición totalmente distinta do comezo. 

Con todo, as consecuencias da nova publicada por Vargas están lonxe de rematar. Os socios de Carmelo non están contentos e os parches non servirán para aplacar o seu enfado. Carmelo non tardará en descubrir ata onde poden chegar para que aprenda esa lección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario