A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

MISERIAS

MATALOBOS : TEMPORADA 5 - CAPITULO 82
Vanesa recupera a posición despois de poñer a proba a súa lealdade a través de Pincho e Carmelo ten máis traballo para ela. Lonxe do que puidese parecer, este non será o único problema ao que terá que enfrontarse a viúva de Mateo Veloso. Xulia está de regreso en Sardiñeira e ten moitas preguntas para as que Vanesa só ten unha resposta: que Pincho morreu a mans de Carmelo.
Vanesa é consciente do perigo que supón ter a Xulia solta por Sardiñeira con ánimo de vinganza, pero tamén sabe que non vai poder freala. A decisión é tan obvia como necesaria: sacarse do medio e deixar que aplaque a súa ira contra os Matalobos, e evitar, a toda costa, que descubra a participación que tivo na morte do ex-sicario. 

 Mentres, en Sardiñeira continúa a tensión polo intento de asasinato de Esteban Garrido. O traballo multiplícase no cuartel, onde a ausencia da tenente Seijas, de baixa por sanción, marca o ánimo dos gardas. É a propia tenente a que lles fai ver a utilidade do seu traballo e que se encamiña na dirección correcta: o financiamento da campaña de Garrido parece contar con fondos de dubidosa orixe e o camiño para atrapar o candidato parece claro. Pero poñer o asunto en mans inexpertas non será a mellor idea. Con todo, nesta ocasión, Vargas non está disposto a deixarse vencer por Garrido. É por iso que o xornalista tomará unha decisión non exenta de riscos que sorprenderá a propios e estraños e que volverá poñer a Garrido nunha posición moi delicada fronte a Carmelo e á opinión pública.

No hay comentarios:

Publicar un comentario