A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

MATALOBOS ANO 2 : TRAIZÓNS

Despois do capítulo especial titulado “A Familia” e como anticipo dos novos capítulos que se estrearán proximamente, a Televisión de Galicia ofrece unha segunda entrega dedicada a recordar a terceira tempada da serie “Matalobos”.

“Ano 2: traizóns” é o título do segundo especial co que a serie rememora algúns dos seus momentos máis significativos. Nesta ocasión, os espectadores da TVG lembran o pasado a través dalgunhas das traizóns que tiveron como protagonistas os principais personaxes da serie. Así, este capítulo retrata o paso de Pincho ao clan dos Veloso durante a estadía de Carmelo no cárcere e rememora a colaboración de Adriana coa Garda Civil, a delicada posición en que o cartel colombiano pon aos Veloso e aos Matalobos e o inesperado protagonismo dun Diego enfermo de cancro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario