MATALOBOS : TEMPORADA 4 - CAPITULO 74
Quizais estea todo decidido, ou non, o caso é que esta noite se van desvelar algunhas das incógnitas que pesan sobre a fin da tempada de “Matalobos”: terá decidido o seu futuro Carmelo Matalobos ou está tan afundido como parece? No que vai ser un dos capítulos máis agardados do ano, “Promesas cumpridas”, poderemos saber que ás ten gardado na manga o xefe da Sardiñeira, máis doente ca nunca despois de saber que Irene, a infiltrada da Garda Civil, foi asasinada polos homes de Aníbal. Ante a celebración do cumio de seguridade que reúne na Sardiñeira os altos mandos da Garda Civil e da Interpol, Carmelo Matalobos ten ante si varios dilemas, xa que, por un lado, vese obrigado a acudir para cumprir co último encargo de Aníbal, acabar coa vida do capitán Ferreiro, e por outro ten a necesidade de amosarlle á Garda Civil que Aníbal e o alto cargo Alberto Guzmán son a mesma persoa, pero para iso fará falta unha confesión..
Doutro lado, o clan dos Veloso vive o seu ocaso particular, xa que Vanesa está arruinada e non para de recibir xente que antes a servía e agora é capaz de calquera cousa con tal de que lle devolva importantes cantidades de diñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario