A PARTIR DE ESTE MOMENTO LA MAYOR PARTE DE LAS PELICULAS NO SE PUEDEN VER DEBIDO AL CIERRE DE MEGAUPLOUD EN ESTADOS UNIDOS - DE CUALQUIER MANERA POCO A POCO RECUPERAREMOS LAS PELICULAS DE QUE DISPONIAMOS POR OTROS MEDIOS

miércoles

EU SOU MATO VELOSO

MATALOBOS : TEMPORADA 4 - CAPITULO 67
A situación dos clans na Sardiñeira está cambiando tanto, ao ritmo do novo mundo globalizado, que a detención de Mateo Veloso se converte no punto de mira de todos, incluso para os que cren ver a clave para acabar co narcotráfico na zona. Pero, de momento, unha das conclusións desta detención é que ameaza o fráxil equilibrio establecido entre os clans da Sardiñeira, xa que ás tensións producidas pola aparición en escena de Aníbal, engádese agora a posibilidade de que o antigo líder dos Veloso se derrube e comece a falar para converterse en confidente. 


Pola súa parte, a fiscal Mosteiro quere sacar tallada da situación e está disposta a utilizar todo o seu poder para premer a Mateo e obter deste xeito a chave que lle abra as portas do tan desexado nomeamento como subdelegada do Goberno.

Metidos nesta tensión, Mateo Veloso atópase nunha encrucillada para decidir se negarse a colaborar ou deixarse levar polas promesas da fiscal; se salvar os seus ou salvarse a si mesmo, namentres pensa quen o puido traizoar, Carmelo, Aníbal ou a mesma Vanesa? Veloso non sabe que elixir cando da súa decisión depende a vida de todas as persoas que coñece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario