MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 27
O escenario para o clan dos Matalobos parece ir mellorando e vese unha luz ao final do túnel, xa que o xefe Carmelo está convencido de que a mellor maneira de axudar a seu fillo é contraatacar, xa que o diñeiro conseguido tras eliminar a Xosé Louro, o confidente da Fiscalía, é insuficiente para cubrir a débeda con Adriana. Pero non todos os membros da familia están de acordo co novo escenario nin opinan igual, e a mesma Dona Carme está decidida a encargarse persoalmente de algúns asuntos que afectan á súa familia porque ninguén quere unha guerra aberta contra os colombianos. Amais, a evolución do secuestro de Iván abriu varias gretas entre os membros do que era o clan máis poderoso da Sardiñeira: Claudia, a irmá de Carmelo, comeza a dubidar da capacidade da familia para solucionar a crise, e a súa cuñada Bárbara Juve, superada polos acontecementos, intentará atopar solucións alternativas ás que propón o seu home.
Pola súa parte, na casa dos Viaño xa a penas se agochan segredos, xa que, levados polos acontecementos, pai e filla confésanse unha parte importante das súas respectivas relacións cos Matalobos, aínda que quedan algunhas historias por contar. Namentres, agora que Pepe por fin se recuperou das súas lesións, Carmelo non deixará pasar a oportunidade de interesarse polo antigo empregado do pai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario