MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 29
A consternación inunda a familia do clan dos Matalobos, pois despois dun longo secuestro, unha bala perdida procedente da pistola do tenente Táboas acaba coa vida de Iván, o fillo de Carmelo. Este capítulo deixará ver o lado máis humano dun Carmelo Matalobos posto ao límite e para o cal a dor, o odio e a desesperación se converterán no motor das súas accións, facendo que a Garda Civil se vexa obrigada a estremar as precaucións. Namentres, a vinganza do narcotraficante non se deixa esperar e é cuestión de tempo que se faga público quen foi o autor do disparo. Agora é a vida do tenente a que corre perigo e, aínda que Marcos e Olaia están dispostos a facer todo o posible para protexelo, a actitude de Táboas non fai máis que poñelo en perigo.
Doutro lado, as relacións entre os socios do consorcio fan que sexa imposible seguir adiante cos seus negocios, e, despois de non ter recibido o apoio de ningún doutros clans, Carmelo está decidido a rachar con todo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario