MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 13
Nesta nova entrega da serie "Matalobos", Carmelo, nunha situación en que cada vez está máis acurralado, intenta pensar en novos movementos para acometer sobre o taboleiro; por un lado, a banda dos colombianos que desexa acabar con el, e por outro está a vixilancia permanente da Garda Civil, co seu irmán Marcos á fronte.
O home máis poderoso de Sardiñeira saíu airoso da operación de descarga para os colombianos, pero grazas á intervención de Diego Dourado, a súa man dereita. A paciencia de Adriana Calderón tocou fin e un sicario viaxa desde Colombia rumbo á Sardiñeira para acabar coa vida do xefe do clan dos Matalobos.
Carmelo sabe que as cousas non van ben, pero quizais o maior problema de Carmelo está na súa propia casa: Bárbara, da que o narcotraficante nin se imaxina que se fixo confidente da Garda Civil. A tensión aumenta ao saber que Adriana ordenou a execución do xefe dos Matalobos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario