MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 31
A crise pola que atravesa o clan dos Matalobos, despois da morte do fillo Iván e da ruptura definitiva co clan colombiano liderado por Adriana, leva a quen ata hai pouco era o narcotraficante máis poderoso da Sardiñeira a unha situación moi complicada, sen cartos e sen poder contar coa fidelidade dos seus homes. Esta situación desesperada leva a Carmelo a buscar unha alternativa ao negocio, reuníndose co representante en España do cártel dos Balboa, unha organización colombiana que rivaliza coa de Adriana Calderón e que se converte nunha prioridade para el. Namentres, Diego Dourado, o seu lugartenente, moito máis realista que o xefe, proponlle outra alternativa: entrar no negocio do haxix.
Pero mentres isto sucede, a Sardiñeira esperta con sabor a traxedia, xa que unha partida de cocaína adulterada fai estragos entre os máis novos e a benemérita ponse en marcha para buscar os responsables da súa distribución; sen embargo, os gardas civís non son os únicos que andan detrás dos seus pasos, xa que os homes de Carmelo tamén lles seguen as pegadas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario