MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 19
Os Matalobos enfróntanse a unha situación que endexamais houberan imaxinado. A familia, pasa nos últimos tempos por unha serie de problemas que semellan non rematar. Agora que, por fin, lograran resolver a súa débeda con Arturo Campos, o clan terá que facer fronte a unha nova complicación que xurdirá no corazón da propia familia. Iván e o seu amigo Nano, tiveran un accidente co coche de Carmelo e fuxiran sen lle prestar auxilio á vítima, un neno de dez anos. Cando Carmelo o descobre, apresúrase a ocultar as probas e argalla un plan para que o seu
fillo eluda a xustiza.
E é que parece que os Matalobos foran marcados con algo especial, que lles impide sairse do seu particular camiño. Xa o vaticinaba Bárbara Juve no seu día: un Matalobos sempre será un Matalobos, e nunca poderá escapar ao seu destino...
No hay comentarios:
Publicar un comentario