MATALOBOS : TEMPORADA 2 - CAPITULO 35
A situación para os mafiosos da Sardiñeira complícase polo crecente rebumbio das protestas veciñais contra a droga. As incautacións sucesivas sufridas polos homes de Adriana debilitan a posición da colombiana, que amais se ve ameazada pola chegada do home de confianza de don Manuel. Pola contra, a caída da colombiana coincide co recoñecemento que obtén Carmelo dos empresarios da vila; pero este vento en popa para os negocios dos Matalobos pode verse frustrado pola posible declaración de Rafael, o antigo garda civil, en contra de Carmelo, cando é trasladado a un cárcere fóra de Galicia, polo que Carmelo intentará impedir un posible pacto de Rafael coa xuíza Olaia Mosteiro confiándolle este asunto tan delicado a Zico Gonçalves.
Namentres, Lola, unida a outras nais da Sardiñeira, e coa axuda de Pedro, o home de Sara Campos, comeza a súa guerra particular contra o narcotráfico...
No hay comentarios:
Publicar un comentario