MATALOBOS : TEMPORADA 1 - CAPITULO 17
As sospeitas crecen ao redor de Rafael, o seu comportamento no xulgado foi denunciado por un compañeiro. Unha inminente investigación interna podería acabar co informador máis valioso de Carmelo Matalobos. As cousas para o clan de Sardiñeira ponse cada día máis difíciles.
Doutra banda, o caso de Olaia Mosteiro contra Arturo Campos e o clan dos Matalobos sufriu un duro revés, tras a declaración de Bárbara Juve. Sara Campos, a filla do avogado, tras ser testemuña da traizón dos Matalobos, decidiu plantar cara a Carmelo. A moza letrada desafiou ao capo e os seus actos seguro que lle carrexarán serias consecuencias. Ninguén desafía a un
Matalobos en Sardiñeira... ou, polo menos, así era ata hora. Quizais agora, Sara Campos preste máis atención ás advertencias de Marcos Matalobos. Pola súa banda, a que parece non ter medo a nada é Vanesa Viaño, agora é unha máis na órbita dos Matalobos. Sen sabelo, a moza seguiu os pasos do seus pai. A verdade coñecíaa Lola Viaño: Pepe Viaño, antes de formar unha familia,
traballou como matón para o pai de Carmelo Matalobos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario